jueves, 15 de diciembre de 2011

O humor gráfico nas aulas de Cultura Clásica

Con este artigo preténdese demostrar que o humor ten un enorme interese como elemento educativo na Cultura Clásica. A experiencia levouse a cabo ao longo dos cursos académicos 2007/2008 e 2008/2009. Trátase dun modelo didáctico que foi probado nas aulas con alumnado de secundaria obrigatoria (ESO) e bacharelato, con máis de 60 alumnos e alumnas de entre 14 e 17 anos e podemos constatar que lles permitiu mellorar o seu coñecemento da Cultura Clásica.

LER MÁIS http://www.edu.xunta.es/eduga/experiencias/o-humor-gr%C3%A1fico-nas-aulas-de-cultura-cl%C3%A1sica

jueves, 2 de diciembre de 2010

miércoles, 1 de diciembre de 2010

ACTA DO XURADO DA 5ª EDICIÓN DOS
PREMIOS EDUCACOMPOSTELA 2007

Logo da convocatoria do Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela e o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, para elixir as persoas galardoadas na V edición dos Premios Educacompostela, creados co obxecto de recoñecer, promover, premiar e difundir aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
Despois das oportunas deliberacións, o xurado acorda o seguinte:
En primeiro lugar agradecer a participación dos diferentes grupos de traballo que concorreron a esta V edición dos Premios Educacompostela deixando constancia da calidade, diversidade e importante incremento de participantes, o que provocou unha longa deliberación polo xurado e que dá a medida do interese do profesorado de Galicia por innovar e elaborar propostas que poidan servir de modelo ou de guía para o quefacer educativo nas nosas aulas. Quere destacar tamén a variedade de temáticas recollidas nos traballos presentados nesta edición: medio ambiente, novas tecnoloxías, muller, música, matemáticas, literatura, arte, etnografía, xeografía, educación física…
Logo das oportunas deliberacións, o xurado acordou:


3º premio, para o traballo titulado “Nova antoloxía latina” presentado por Óscar Sánchez Vidal, do IES Portovello de Ourense.

Comentario:
O xurado quere salientar o importante esforzo realizado para crear a primeira antoloxía latina escrita en galego e pensada para facer posíbel o ensino do latín na nosa lingua e a procura de métodos anovadores e recursos didácticos que permitan superar as dificultades que se están a dar nunha lingua ameazada por un crecente desprestixio. A compilación de refráns latinos, a utilización de artigos xornalísticos, entre outros, promove a aplicación dunha metodoloxía activa, dialogante, flexíbel, aberta e investigadora na aula.
Este traballo convértese pois nunha proposta didáctica cunha gran practicidade para todos aqueles que traballan no ensino do latín.

Para poder ver parte deste traballo deixo o seguinte enlace Nova Antoloxía Latina

viernes, 26 de noviembre de 2010

LATINISMOS E EXPRESIÓNS LATINAS

A resolución dos premios á innovación educativa convocados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia no DOG do 19 DE XULLO de 2004 (xa choveu) resolve a concesión do terceiro premio á innovación educativa a experiencias que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área ao traballo " Para unha ensinanza activa do Latín:latinismos e expresións latinas colleita da prensa" do profesor Óscar Sánchez Vidal.
Non quero rematar sen agradecer -suum cuique- ao alumnado do curso polo seu interese e pola achega de suxestións, das que é debedora algunha parte da estructura desta experiencia didáctica.

Pode ser interesante consultar este artigo que fala da experiencia didáctica que se fixo no IES Portovello de Ourense tendo como base de traballo as locucións latinas, cando aínda, non eran materia de exame no selectivo O latín, unha lingua moi viva.


viernes, 6 de febrero de 2009

A CAZA DO TESOURO


INTRODUCIÓN

Maila ao bloqueo informativo que están a impor os exércitos despregados en Iraq, sabemos que están a sufrir numerosos ataques, de noite, aos seus campamentos por parte de soldados inimigos. Os mandos do exército inglés acaban de dar a seguinte orde as súas tropas: "Debido á continúa mobilidade de parte dos nosos efectivos, é imprescindible que intentemos minimizar os posibles ataques guerrilleros das tropas insurgentes adoptando as máximas medidas posibles de proteción das nosas armas de guerra e sobre todo, dos nosos soldados, polo que, a partir de agora se fortificará la posición en que se acampe. Recordamos neste punto que é conveniente aplicar o protocolo de defensa, aprendido na academia militar, que fai referencia á fotificación de lugares ao xeito dos campamentos romanos".

PREGUNTAS

1. Que función cumprían os campamentos dentro da estratexía militar do exército romano?

2. Os campamentos do exército romano podían ser permanentes ou semipermanentes . Describe as diferencias fundamentais entre eles.

3. É certo que os soldados romanos construían un campamento despois de ter machado 30 quilómetros e que destuían os mesmo a mañá seguinte ?


4. Fai unha breve reseña sobre a relixión en el campamento romano.


A GRANDE PREGUNTA

A pregunta que nós propoñemos pode ter a súa resposta en internet, na biblioteca máis tamén nunha excursión familiar dunha mañá ou tarde. Tendes que localizar o campamento romano de Aquis Querquennis e facer unha miniguía: Itinerario para chegar, presentar unha serie de fotos do campamento, visita o seu cento de interpretación e fai por último, unha breve resumo cos contidos que alí se presentan.

RECURSOS

A continuación tedes os enderezos nos que poderedes atopar as contestacións ás cuestións anteriormente propostas. Non esquezades que é básico unha visita ao campamento romano que temos a 30 quilómetros de Ourense. Velaquí vai.

http://www.historialago.com/leg_01085_campamento_01.htm

http://www.imperioromano.com/134/el-campamento-romano.html

http://mural.uv.es/roaljo/religion.htm

http://historiadegalicia.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1057569256951&pubid=1022580395904

http://www.flickr.com/photos/moncho-pineiro/3059410000/

http://www.youtube.com/watch?v=GHHFsKgXvjU

AVALIACIÓN

Cada Pregunta:1,25 puntos

A Grande Pregunta: 5 puntos

RECURSOS

Esta caza do tesouro elaborouse a partir das boas indicacións dos profesores Sergi Ferrús Peris e Luis Inclán para o curso Chiron 2.0: Clásicas en el aula.

miércoles, 4 de febrero de 2009

A Casa Romana


Ben, saída didáctica! Ben, saímos do centro! Di o prof... a casa romana. Ben! saímos do centro. Di o profe de Latín que im... Saímos do centro. Di o profe de Latín que mañá imos ver unha vila romana que está preto de aquí. Escoitade : "Maná imos a ver a Vila Romana de Santomé que está a un quilómetro e medio do centro. Máis, como xa vos podedes imaxinar, temos que preparar a saída; así que mans á obra, que digo, mans ao ordenador. Antes de nada, lembrade que temos que ser respectuosos co medio, xa sexa, natural ou arqueolóxicos. Xa entendedes..."

Consultade as seguintes páxinas web e visionade o vídeo que trata o tema da casa romana. Aí atoparedes suficiente información para poder contestar as cuestións que aparecen inmediatamnete despois.


http://www.santiagoapostol.net/latin/casa.html

http://www.google.com/search?hl=es&q=la+casa+romana+angel&btnG=Buscar&lr=

http://www.slideshare.net/l_inclan/la-casa-romana

Visionamos, a continuación, o seguinte vídeo:







Cuestións:

1. Que elementos concretos da Domus reflectín a calidade de vida do pobo romano?
2. A Domus é unha vivenda habitada por unha soa familia, a insula por varias. Isto é verdadeiro ou falso.
3. Que clase social residía nas Insula?
4. Sinala os tres tipos de vivendas romanas.
5. Que parte da casa romana recibía o nome de Tablinum, Atrium e Impluvium?
6. Establece a diferencia principal entre a Domus e a Insula.
7. Explica sucintamente a evolución da vivenda romana.
8. Enfronta en dúas columnas tipos e características das casas romanas que se parecen ou contrastan cos nosos.
9. Repara en que vocabulario latino desta unidade segue vixente nas nosas linguas.

Agora imos aprender idiomas. A continuación poderás ver un plano dunha Domus cos seus nomes en Latín e Inglés.

http://www.vroma.org/~bmcmanus/house.html

Cuestión: Fai un plano dunha Domus cos nomes, en Latín, Inglés e Galego, de cada unha das súas dependencias.